Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Compostela destaca entre as 4 cidades españolas nas que haberá feira Maker no que resta de ano
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Compostela destaca entre as 4 cidades españolas nas que haberá feira Maker no que resta de ano

Redacción
Publicado: 01/09/2016
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

maker_faire_galicia_anuncio.jpgAs Feiras Maker, fenómeno global que se estendeu por máis de 190 cidades do planeta, terán en España un dos seus epicentros na segunda metade de 2016, na que se celebrarán un total de catro Maker Faires. Madrid en setembro, Santiago de Compostela e León en outubro e Bilbao en novembro realizarán as súas respectivas versións do festival de tecnoloxías creativas máis grande do mundo, a Maker Faire, un tipo de evento que congrega a fanáticos de tecnoloxías como as impresoras 3D, os drons, a moda interactiva, a robótica e a programación creativa para compartir os seus proxectos e coñecemento co gran público.
Este tipo de eventos son o principal escaparate da cultura ou movemento Maker, considerado como unha importante ferramenta para incrementar a innovación de base tecnolóxica entre a xente moza, polo que é todo un luxo que en Galicia podamos contar con encontros deste tipo que dinamicen industria e sociedade, instando á exploración da senda aberta pola cultura Maker.
Nas Maker Faires pódense ver desde robots humanoides de tamaño real ata vestidos que integran luces controlables desde o móbil, submarinos, drons, impresoras 3D e todo tipo de instalacións interactivas serán compartidos co gran público. Todos teñen en común a filosofía Do-It-Yourself, ou faino-ti-mesmo, así como o uso de novas tecnoloxías de creación e fabricación dixital de vangarda que anticipan algunhas tendencias tecnolóxicas, en ocasións con anos de antelación.
O movemento Maker é o nome que reúne baixo un mesmo paraugas a un crecente número de persoas de distintos perfís que están usando técnicas Do-It-Yourself e Do-It-Together para desenvolver tecnoloxías únicas e solucións innovadoras. Europa é o continente que ten un maior número de Makerspaces e Fablabs, ademais de dar a luz a proxectos como Arduino, Raspberry Pi ou RepRap, todas ferramentas de código aberto que democratizaron o acceso a tecnoloxías como a electrónica, a programación e a impresión 3D. Cada ano celébranse máis de 50 Maker Faires e Mini Maker Faires no continente. A versión realizada en Roma é a principal de Europa, con máis de 100.000 visitantes na súa terceira edición en 2015. A Compostela Mini Maker Faire foi a terceira, detrás de París.
A cultura Maker e a súa filosofía de compartir coñecemento está permitindo a creación de novos espazos de encontro e traballo (Hackerspaces, Fablabs, Makerspaces, Techshops) nos que se fabrican as últimas vangardas tecnolóxicas e que favorecen a transferencia de coñecemento desde a base da pirámide; novos traballos que non existían ata o de agora (tecnólogo creativo, deseñador de interacción, emprendedor dunha startup de hardware, fabricante ou distribuidor de impresoras 3D, experto educativo, piloto de drons e moitos máis); novas ferramentas educativas que funcionan con todos os públicos e que son accesibles a todos a través de Internet; e novos tipos de festivais-feiras que potencian o uso das tecnoloxías creativas como as Maker Faire.
Todas as feiras manteñen aberto o seu chamamento a proxectos, animando a tecnólogos, deseñadores, artesáns, artistas, profesionais, afeccionados, colectivos, empresas e todo tipo de organizacións a presentar o seu proxecto e darse a coñecer ante as decenas de miles de persoas que acoden a este novo tipo de festivais que combinan diversión para todos os públicos coas novas tecnoloxías.
Poden presentarse a unha Maker Faire os seguintes tipos de proxectos:
– Robótica e programación creativa
– Drons
– Submarinos DIY
– Proxectos con Arduino
– Artesanía dixital
– Proxectos astronomía ou exploración espacial en xeral
– Arte New Mediax
– Deseño, impresión 3D e Fabricación Digital
– Uso creativo de máquinas de control numérico (fresado, láser, plasma..etc.)
– Crafting
– E-Textís, wearables, moda e tecnoloxía.
– Green Tech, tecnoloxía ao servizo da transición ecolóxica.
– Radiocontrol
– Tecnoloxía Vintage (videoxogos, ordenadores míticos, sibaritas do chip)
– Electrónica
– Vehículos eléctricos
– Ciencia Cidadá
– Biología-Biofabricación
– Extreme making
– Instalacións de gran formato
– Refuxios, cúpulas, domos, inflables
Instrumentos musicais DIY
– Máquinas imposibles
– Repara-reutiliza-recicla-mellora. Upcicling & Tech
– Tecnoloxía social. Proxectos que marcan a diferenza
E actualmente a Maker Faire Galicia, que desenvolverase entre os días 1 e 2 de outubro no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela, está aínda aberta á recepción de propostas argalleiras para enriquecer este importante evento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?