Non só compañías como Dropbox ou Sony teñen que facer fronte a grandes filtracións de credenciais dos seus usuarios, senón que agora unha páxina web recolle a filtración de 928.072 entradas correspondentes á páxina web Brazzers.com con datos de abril de 2013 e que, en total, recollería 790.724 enderezos de correo electrónico co seu correspondente contrasinal en texto plano, o que resultaría especialmente perigoso para os usuarios que tendan a empregar o mesmo contrasinal en varios servizos (xa que o foro infectado está fóra de liña por labores de mantemento, de xeito que os datos subtraídos non terían aplicación práctica no mesmo).
Pero ao estarmos ante unha páxina web con contidos pornográficos, a filtración non só é un problema de seguridade por darse a coñecer o contrasinal empregado polos usuarios, senón que tamén pode desvelar a identidade de moitos dos usuarios, facilmente identificables polo seu enderezo de correo electrónico, o que tamén podería ter consecuencias, xa que podería prexudicar á imaxe de moita xente.
Dende Brazzers aseguran que a filtración foi consecuencia dun fallo de seguridade da plataforma de creación de foros vBulletin, polo que o acontecido debería lembrar a necesidade de ter debidamente actualizados e protexidos este tipo de sistemas, á vez que recomendar aos usuarios de servizos sensibles ao uso de contas de correo electrónico alternativas para evitar a vinculación coa súa persoa en caso das cada vez máis frecuentes filtracións.
Filtran preto de 800 mil credenciais de usuarios da web pornográfica Brazzers
Compartir Este Artigo
