Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os gañadores do premio ao mellor proxecto universitario en código aberto contan a súa experiencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

Os gañadores do premio ao mellor proxecto universitario en código aberto contan a súa experiencia

Redacción
Publicado: 05/09/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

foto-iago-veloso.jpgCo fin de potenciar ao máximo a participación no Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre, Mancomún (o portal sobre programación aberta da axencia AMTEGA) vén de crear unha nova sección na páxina do mesmo chamada Entrevistas aos gañadores. Segundo se informa, neste apartado publicaranse de xeito periódico encontros coas/os premiadas/os das pasadas convocatorias. O obxectivo é que “nos conten de primeira man que supuxo para elas/es este premio, coñecer se a súa traxectoria xa profesional segue ligada dalgún xeito ao software libre, ou escoitar as súas recomendacións ás alumnas e alumnos que se vaian a presentar a esta nova edición”.
A sección arrinca cun faladoiro con Iago Veloso, segundo premio da edición 2014, quen entre outras cousas debulla o que significou para el o devandito recoñecemento: amais dun xeito de destacar o esforzo realizado e as moitas horas invertidas, “unha maior visibilidade ao proxecto achegándoo a comunidade, un dos fins principais dos proxectos de software libre”.
Iago Veloso, enxeñeiro informático pola UDC, traballa a día de hoxe en Londres e continúa ao fronte do desenvolvemento do software libre RadioCo, o cal foi o seu proxecto de fin de grao e merecedor do segundo premio ao mellor proxecto universitario con licenza libre.
premio_fin_de_carreira_software_libre_2016.jpgPremio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre
Esta iniciativa enmárcase no Plan de Acción de Software Libre 2016 da Xunta de Galicia, ao abeiro das liñas de actuación para mellorar e potenciar os mecanismos de formación e difusión dos programas de fontes abertas entre a cidadanía galega e en particular na comunidade de estudantes universitarios. Este premio, que vai pola súa IX edición, ten a súa orixe no ano 2007 da man da empresa galega Igalia, quen ao detectar a carencia de profesionais cunha alta especialización neste área decidiu poñer o seu gran de area para reducir esa falla poñendo en marcha este premio. Dende o curso 2011-2012 este premio é convocado e organizado pola AMTEGA, para o que conta coa colaboración e apoio do CIXUG (Oficina de Software Libre) ou a comunidade GPUL.
Con esta iniciativa a Xunta desexa “continuar poñendo en valor o traballo que realizan os universitarios galegos durante o seu Traballo Fin de Grao ou Mestrado, promovendo o emprego e difusión do software libre como ferramenta de achegamento ao mundo laboral”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?