Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: XeoPesca convídanos a montar unha impresora 3D coas nosas propias mans
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

XeoPesca convídanos a montar unha impresora 3D coas nosas propias mans

Redacción
Publicado: 14/09/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

xeopesca_obradoiro_impresora_3d.jpgXeoPesca, asociación galega de software libre (amais de solución informática para a comunidade pesqueira), vai organizar os días vindeiros un obradoiro maker sobre metodoloxías acaídas, dispoñibles e doadas de abordar para a montaxe unha impresora 3D. A cita deste hacklab será o domingo 25 de setembro ás 10.30 no Matadoiro de Santiago de Compostela, un espazo (a antiga Casa da Xuventude) recuperado polo Concello para a participación cidadá e as iniciativas sociais innovadoras. O obradoiro consistirá en construír unha impresora Delta, máis polo miúdo unha Kossel. Trátase dun aparello con licenza aberta (GPL) da cal podemos obter unha chea de información a través do seu repositorio.
O hacklab inclúe, entre outros, os seguintes contidos: introdución ao hardware libre, esquemas dos elementos que compoñen unha impresora 3D, fimware da impresora, electrónica da impresora e os seus axustes, como montar a súa estrutura ou que é un extrusor e como hai que axustalo?
Poderá participar na actividade calquera persoa que teña interese neste tipo de tecnoloxías e, máis en detalle, nas que veñen da man da comunidade libre de desenvolvedores e usuarios. O obradoiro será de balde, financiando a través do Plan de Acción de Software Libre 2016 da Xunta de Galicia. Cóntase para a súa realización coa colaboración do Recuncho-Maker e máis do propio Matadoiro de Santiago. Esta actividade forma parte das accións que a asociación Xeopesca realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2016 da Xunta de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?