Cando falamos de youtubers é doado comentar a cantidade de cartos que chegan a facer os máis populares, o que sorprende a moitos dos que dan os seus primeiros pasos en YouTube, xa que as cantidades percibidas por publicidade tenden a ser moi reducidas, pero resulta que iso cambia cando se ten detrás a unha boa axencia de representación, que no caso dalgunhas das figuras máis relevantes do panorama estatal, ElRubius, WillyRex e Vegetta777, é VIZZ, compañía que agora entra a formar parte do catálogo de Webedia, empresa que actualmente tamén conta en España con páxinas web como Sensacine e 3DJuegos.
Grazas á asociación con VIZZ Webedia consegue achegar en YouTube a máis de 80 millóns de persoas e superar os 650 millóns de reproducións de vídeo ao mes en España e América Latina, á vez que reforza a súa posición nas temáticas que lideran (o cine e os videoxogos).
Webedia ten actualmente 3 sedes en España, e tras este acordo con VIZZ estuda agora realizar operacións semellantes en Francia, Brasil ou Alemaña, onde xa teñen presenza.
Webedia faise coa representación dos principais youtubers españois
Compartir Este Artigo
