Saitek é un dos fabricantes de periféricos para xogar no PC con máis historia, nacendo esta compañía en 1979 fabricando xogos electrónicos de xadrez (chegando a conseguir bastante sona con algún destes produtos como o xadrez electrónico que lanzaron en colaboración con Kasparov a primeiros dos anos 90) e especializándose logo en mandos de xogos para simuladores de voo, xogos de condución e first person shooters. En 2007 foron adquiridos por 30 millóns de dólares por Mad Catz, un dos grandes referentes do sector dos controis de xogo (aínda que esta compañía tamén ten unha forte presenza en consolas de videoxogos) e agora sorprenden anunciando que Logitech pagou 13 millóns de dólares en efectivo para facerse coa marca Saitek.
Deste xeito o catálogo de produtos Logitech G medra, integrando os mandos destinados aos xogos de simulación de Saitek, que encaixan moi ben xunto a produtos como os volantes G29 e G920 Driving Force de Logitech.
Logitech faise coa marca Saitek
Compartir Este Artigo
