Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En outubro temos unha cita cos datos abertos no Hackatiño da Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

En outubro temos unha cita cos datos abertos no Hackatiño da Coruña

Redacción
Publicado: 22/09/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

gpul_hackatino.jpgO Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL), afincado na Facultade de Informática da Universidade da Coruña, está a retomar estes días a súa intensa actividade formativa, divulgativa e colaborativa arredor do software e o hardware libres e das súas múltiples liñas de acción. Esta aposta pola cultura aberta e participativa é o alicerce, precisamente, do Hackatiño de Datos Abertos, que se vai desenvolver os vindeiros 22 e 23 de outubro no espazo Normal da Universidade da Coruña. A proposta vén tamén da man de Árticos e GDG Coruña e insírese no programa Coruña Dixital, do que falamos os días pasados en Código Cero en todos os seus detalles.
Segundo explica o GPUL acerca do formato do evento, “o Hackathiño é un hackathon, pero máis da terra”, ou sexa pasado polo prisma propio da nosa comunidade de desenvolvedores e usuarios. Nesta edición, vaise centrar en convocar pequenos colectivos, asociacións e PEME co obxectivo de animalos a liberar os seus datos e amosarlles, en palabras da organización, “as cousas superinteresantes que se poden chegar a facer apostando pola información aberta”. En virtude desta proposta de traballo, engade o GPUL, desenvolvedores e colectivos propoñerán proxectos e traballarán en equipo durante unha fin de semana “co fin de presentar o domingo pola tarde un pequeno prototipo funcional baseado en datos abertos”.
A entrada é totalmente de balde e, segundo avanzan os organizadores, haberá premios para os mellores proxectos e comida para tódolos asistentes. Primará, sinalan, “un ambiente de innovación e no que pasar unha fin de semana aprendendo, facendo networking e por suposto, pasándoo moi ben”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?