Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: LibreCon 2016 amosará como cambiar o mundo industrial con software libre
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

LibreCon 2016 amosará como cambiar o mundo industrial con software libre

Redacción
Publicado: 26/09/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

librecon-3.jpgXa comezou a conta atrás para o que se prevé, en palabras da organización do encontro, “o maior evento de tecnoloxías aberta e de negocio”. Falamos de LibreCon, que na súa anterior edición celebrouse en Santiago e agora traslada a súa sede temporal cara a Bilbao (entre o 22 e o 23 de novembro). O evento vén da man das entidades ASOLIF (Federación Nacional de Empresas de Software Libre) e ESLE (Asociación de Empresas de Software Libre de Euskadi). Segundo apuntan, grazas a esta xuntanza Bilbao será o escaparate das “solucións open source máis vangardistas e os servizos máis innovadores”. Farase especial fincapé nas posibilidades da programación aberta para o sector industrial (Industria 4.0) e o financeiro.
LibreCon 2016, explican, centrarase en dar visibilidade a solucións baseadas en tecnoloxías abertas para os novos retos da dixitalización, como a conectividade, a transformación dixital e a velocidade. “Deste xeito”, aclaran, “os problemas aos que fan fronte as empresas convértense en oportunidades de económicas, en novas vantaxes competitivas e mesmo en xeradoras de riqueza e emprego”.
A previsión é xuntar máis de 1.500 persoas e 600 empresas. O programa do congreso abranguerá máis de 120 relatorios.
Haberá, dentro do marco de LibreCon, unha serie de encontros nos que van participar os membros da xunta directiva de ASOLIF (á súa vez representantes das asociacións autonómicas ESLE, CESLA, Grupo Mixto e AGASOL, a Asociación Galega de Empresas de Software Libre) e os representantes de empresas asociadas, encontros nos que “poderán establecer un diálogo aberto sobre intereses, beneficios de pertencer a ASOLIF e plans de futuro”.
A pasada edición (a quinta) de LibreCon foi organizada o ano pasado por AGASOL, ASOLIF e o Cluster TIC Galicia e tivo lugar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?