Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre entra na súa fase final
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

O Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre entra na súa fase final

Redacción
Publicado: 28/09/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

O vindeiro día 2 de outubro péchase o prazo para inscribirse no Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre, promovido pola AMTEGA, ao que pode optar calquera estudante do Sistema Universitario Galego que teña defendido o seu Proxecto de Fin de Carreira, Traballo de Fin de Grao ou Traballo de Fin de Mestrado cunha nota mínima de 5.0, nalgunha das convocatorias do ano académico 2015-2016, sempre que o proxecto teña unha licenza libre.
Unha vez analizados e avaliados os proxectos presentados, elixiranse os finalistas que participarán no acto, que terá lugar o día 21 de outubro no auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. Nesta xornada os finalistas presentarán o seu proxecto diante do xurado que, posteriormente, emitirá a súa resolución. Ao remate do acto entregaranse os galardóns, cunha dotación económica de 1.500€ e 750€ para o primeiro e segundo respectivamente.

Contidos
  • Materiais de apoio para os aspirantes
  • Entrevistas aos gañadores doutras edicións

Materiais de apoio para os aspirantes

Este edición conta con algunhas novidades como a posta á disposición dos aspirantes dunha serie de materiais de apoio, a través da wiki do portal Mancomún sobre diferentes aspectos a ter en conta nos proxectos de software libre, como o correcto licenciamento do proxecto ou as ferramentas que debería ter un proxecto de software libre para facilitar a creación dunha comunidade ao seu redor, como poden ser listas de correo, un repositorio público co código fonte

Entrevistas aos gañadores doutras edicións

Como aliciente para a participación na convocatoria, a Oficina de Software Libre da AMTEGA vén publicando no último mes unha serie de entrevistas a galardoados de anteriores edicións, dispoñibles na páxina do premio. Nesta sección 2 gañadoras e 4 gañadores contan de primeira man o que supuxo para eles este premio, a influencia que puido ter na súa traxectoria xa profesional, se segue ligada dalgún xeito ao software libre, e mesmo achegan diferentes recomendacións ás alumnas e alumnos que vaian facer o seu proxecto de fin de carreira.
Os entrevistados coinciden en destacar aspectos como a posibilidade de que o seu esforzo e traballo poida servir para alguén máis; as posibles portas laborais que abre contar cun repositorio aberto onde as empresas poidan ver directamente o teu traballo; a posibilidade de colaborar con outros proxectos libres e aprender do traballo en comunidade; ou simplemente unha forma de amosar interese polo coñecemento e por compartilo e o estímulo á curiosidade e a aprendizaxe autónoma.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?