Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Mañá celébrase na Toxa a Noita Galega das Telecomunicacións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Mañá celébrase na Toxa a Noita Galega das Telecomunicacións

Redacción
Publicado: 29/09/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

coetg_aetg_noite_2016_programa-2.jpgMañá venres, a partir das 20:00 horas, no Gran Hotel da Toxa, celebrarase a XXI edición da Noite Galega das Telecomunicacións e a Sociedade da Información, que estará presidida por Mar Pereira, directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). A actriz Carmen Méndez será a presentadora do evento, no que tamén intervirá o monologuista Carlos Blanco.

A velada comezará cun cóctel de benvida e unha sesión de networking, á que seguirá a gala, que comezará ás 21:30 horas, na que se entregarán os Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2016, que recaeron nas seguintes persoas, empresas e institucións:
– O premio Enxeñeiro Gerardo García Campos á mellor iniciativa empresarial no sector TIC foi para Monet Viticultura, pola introdución das TIC en sectores onde aportan valor a procesos tradicionais, e pola súa aplicación a mercados amplos. O xurado tivo tamén en conta a orientación de esta empresa á exportación e a súa actividade en I+D+i e a creación de emprego tecnolóxico.
– O premio GRADIANT á mellor tese doutoral aplicada ao sector TIC recaeu en Beatriz Remeseiro López, por Avances na diagnose do síndrome de ollo seco: desenvolvemento de métodos automáticos para a avaliación de patróns na capa lípida da película lacrimal. O xurado salienta que a tese aporta solucións para un problema de saúde pública, o síndrome do ollo seco, que afecta a unha grande parte da poboación maior de 65 anos. Este traballo ten xa demostrado a súa aplicación, tanto no eido académico como na industria do sector da saúde, e ten un claro potencial de transferencia da tecnoloxía desenvolvida.
– O premio INEO ao produto ou servizo máis innovador foille concedido a Egatel S.L. polo proxecto SmartLNB. Neste caso, premiase o carácter innovador do uso eficiente das capacidades de transmisión de datos vía satélite. Tamén se valorou o amplo espectro das súas posibles aplicacións e a súa contribución á transformación dixital de diversos ámbitos como a saúde, o fogar dixital e o sector industrial.
– O premio ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais, outorgado en colaboración coa AMTEGA, recaeu en EOSA, pola creación de INclue, sistema tecnolóxico innovador para a valoración técnica da exclusión social en base a criterios homoxéneos. O xurado tivo en conta que a ferramenta presentada permite unha estimación precisa do grao de exclusión social dunha persoa.
– O premio Acuntia á empresa galega que aposta polo desenvolvemento de infraestruturas intelixentes de telecomunicacións, concedéuselle ao Real Club Celta de Vigo, por liderar o desenvolvemento de sistemas tecnolóxicos que complementan ós partidos de fútbol e que favorecen a implicación dos afeccionados.
– O premio ao Mellor expediente académico do Mestrado en Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo foi para Daniel Rodríguez Domínguez.
– Por último, o premio Enxeñeiro do Ano outorgado polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia recaeu en César Mariñas Dávila, pola súa traxectoria en postos de responsabilidade en diferentes empresas do sector TIC e no exercicio libre da profesión. Tamén se recoñece a súa profesionalidade e independencia, e a súa contribución ao desenvolvemento das telecomunicacións en Galicia.

A velada rematará coas intervencións de Julio Martín, director do estaleiro de Navantia en Ferrol, e da directora da AMTEGA, Mar Pereira.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?