Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O software e o hardware libre socioeducativo centrarán as terceiras xornadas de LiGNUx
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

O software e o hardware libre socioeducativo centrarán as terceiras xornadas de LiGNUx

Redacción
Publicado: 03/10/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Fachada do Edificio Politécnico do Campus de Ourense
Fachada do Edificio Politécnico do Campus de Ourense
Será neste mes de outubro, os días 18 e 19, cando teñan lugar as terceiras Xornadas de achegamento teórico-practico ao software e hardware libre no ámbito socioeducativo, un encontro organizado pola Asociación Educativa LiGNUx co apoio da Asociación Pedagóxica e Cultural Educere, Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL), a Universidade de Vigo (Vicerreitoría do Campus de Ourense, Escola Superior de Enxeñería Informática e a Facultade de Ciencias da Educación), amais da Xunta e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). Esta xuntanza levarase a cabo os días 18 e 19 de outubro, entre as 18:30 e as 21 horas no Edificio Politécnico (Universidade de Vigo, Campus de Ourense) na Aula 2.1 (2º andar).
Cómpre subliñar que a inscrición a estas xornadas é totalmente de balde (do mesmo xeito que a entrega de material) e remata o prazo o día 17 de outubro. O programa de actividades é o seguinte:
– Martes 18 de outubro: Conferencia Ferramentas de software e hardware libre para a formación en novas tecnoloxías, impartida por un experto en software libre. Historia do software, potencial, programas e sistemas operativos abertos e vantaxes fronte ao software privativo.
Repartición de material: Entrega de DVDs con programas libres, sistemas operativos GNU Linux e manuais.
– Mércores 19 de outubro: Charla introdutoria de Pablo Castro, secretario adxunto de GPUL (Grupo de Programadores e Usuarios de Linux). Introdución ao mundo do software, hardware e cultura libre, contribución en proxectos, asociacións…
Obradoiro de software libre: 1- Explicación dos relatores do contido do DVD e instrucións de instalación e funcionamento dos programas contidos. 2- Traballo autónomo dos asistentes ao curso instalando o material fornecido coa axuda dos relatores (membros da Asociación LiGNUx, GPUL e enxeñeiros informáticos).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?