Os televisores levan anos procurando avanzar na conectividade en liña, converténdose en Smart TV, pero aínda que entre as súas aplicacións hai numerosas plataformas de contidos audiovisuais en liña, xogos e moitas outras ferramentas, o feito de pagar polos apps e contidos multimedia continúa a ser un grande atranco, o que dende LG queren atallar cun acordo con Playmentwall, compañía que dará aos desenvolvedores a oportunidade de crear aplicacións para webOS que soporten máis de 140 métodos de pagamento en máis de 200 países nos que LG vende os seus televisores.
Con esta nova media a tenda de aplicacións para os televisores de LG amplía considerablemente as súas opcións de pagamento, de xeito que cando agora un usuario prema na opción de compra poderá efectuar o pagamento coa súa tarxeta bancaria dun xeito áxil, manténdose tamén os sistemas de pagamento a través de ordenadores, tabletas ou dispositivos móbiles empregando códigos QR e outros protocolos de verificación segura.
LG mellora a compra de contidos e aplicacións dende os seus Smart TV
Compartir Este Artigo
