Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Ourense acolle unhas xornadas para dar a coñecer as vantaxes do software libre
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

O Campus de Ourense acolle unhas xornadas para dar a coñecer as vantaxes do software libre

Redacción
Publicado: 19/10/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_xornadas_software_libre.jpgO protagonismo do software libre vai gañando postos paseniño, entre as causas do aumento de usuarios que se suman ás ferramentas abertas están o seu baixo custo, o feito de que pode ser copiado e modificado, empregado libremente con calquera fin e redistribuído con ou sen cambios, amais doutro aspecto ben importante como é a privacidade de datos dos usuarios. Collendo estes aspectos do software libre, o Campus de Ourense acolle entre onte e hoxe a III Xornada de Achegamento Teórico-Práctico ao Software e Hardware Libre no Ámbito Educativo, un encontro que fai fincapé na posibilidade de que os soportes lóxicos libres compitan cos privativos cando o obxectivo é salvagardar a privacidade.
Esta actividade está organizada pola Asociación Educativa Lignux, nada en 2013 co obxectivo de promover o uso de ferramentas abertas nos diferentes eidos de aplicación. Para a celebración das xornadas contan coa colaboración da Asociación Universitaria Pedagóxica e Cultural Educere, do Grupo de Programadores e Usuarios de Linux GPUL, da Vicerreitoría do Campus, das delegacións de alumnos da Escola Superior de Enxeñaría Informática e da Facultade de Ciencias da Educación e de AMTEGA.
Á cita, apuntan dende a organización, asistirán arredor de 30 persoas, procedentes principalmente do eido educativo. O interese en incidir na formación deste colectivo débese á repercusión que pode ter na difusión das ferramentas en aberto entre as novas xeracións.
Indo ás xornadas, a sesión de onte daba comezo cunha intervención de Pablo Castro (secretario adxunto do Grupo de Programadores e Usuarios de Linux), quen falou das ferramentas en aberto para a formación en novas tecnoloxías, salientando a cuestión da privacidade de datos, pois con estes programas en aberto o usuario pode coñecer e controlar o uso que se fai da súa información. “Se usas programas privativos ao final todos os teus datos están non nunha nube, senón en computadores de Google de Microsoft ou de quen sexa e non se sabe en realidade que uso se está a facer ou se fará deles”, subliñaba Castro. No caso dos programas libres, engadía: “podes ver como está feito o código, ver se os teus datos os está a mandar a algún sitio ou non. Nos privativos non sabes en realidade a quen lle están cedendo a túa información supostamente privada”. Neste contexto, o membro de GPUL explica que hai alternativas libres para todo tipo de programas. Deste xeito, propón o uso de Owncloud en vez de Dropbox e Google Drive; de Tor en vez de Google Chrome ou de Jitsi en vez de Skype. “Hai sempre opcións de software libre, tan sinxelas ou máis de instalar que as privativas. Só é cuestión de coñecelas e atreverse a comezar a empregalas”, indica.
As xornadas do martes contaron tamén coa entrega a cada inscrito e inscrita dun CD con sistemas operativos e programas libres útiles para todo tipo de necesidades que poidan ter (cálculo matemático, deseño gráfico e os correspondentes manuais).
En canto ás xornadas de hoxe, desenvolvidas entre as 18:30 e as 21 horas no Edificio Politécnico (Aula 2.1, 2º andar), Universidade de Vigo, Campus de Ourense, continuarán afondando no desenvolvemento dun obradoiro no que os participantes poderán traballar directamente con este tipo de soporte. Comezarase cunha presentación dos programas que se empregarán, o xeito de instalalos e continuará co traballo autónomo dos asistentes ao curso instalando este material co apoio dos membros da organización. As persoas inscritas poden levar os seus propios computadores e facer unha actualización deles en base a estas ferramentas en aberto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?