A crise de reputación de Samsung por mor dos defectos de fabricación do Galaxy Note7 resístese ao peche, e agora están a xurdir informacións de distintos afectados polos fallos do teléfono, que están a ver como Samsung resístese a compensalos polos danos provocados pola combustión do seu dispositivo móbil.
Está a quedar constancia do feito de que Samsung carecía de plans para manexar continxencias deste tipo, ou sexa, que non tiñan previsto mecanismos nin protocolos de actuación ante incidencias graves, e agora iso convértese en todo un problema moi visible, que deixa quedar á empresa en moi mal lugar en casos como o de John Barwick de Marion (Illinois) ao que a combustión do Note7 provocou o incendio do seu dormitorio, provocando danos valorados en 9.000 dólares. O damnificado chamou a Samsung aos 45 minutos do lume, comprometéndose a compañía a devolverlle a chamada ao día seguinte, o que non fixeron, polo que Barwick insistiu, remitindo fotografías do teléfono que provocou o incendio. Finalmente Samsung puxo ao prexudicado en contacto coa súa compañía aseguradora, que negouse a pagar a substitución dos bens destruídos, senón o valor seu valor de mercado (tras a depreciación por uso) mentres dende Samsung tiñan como prioridade facerse coa unidade do Note7 incendiado, que Barwick negouse a entregar ata que se solucionase a situación, insistindo en que non queren facerse ricos coa indemnización, senón que só piden a restitución dos danos provocados por un produto defectuoso.
Máis grave foi o caso de Wesley Hartzog, bombeiro de Carolina do Sur, que deixou o seu Note7 cargando nun enchufe do seu garaxe e, finalmente quedou cun fogar inhabitable tras un serio incendio que tamén provocou danos a unha motocicleta, un 4×4 e outros bens. Os danos obrigaron á familia a buscar outro fogar mentres se realizan as investigacións para demostrar se o incendio foi realmente provocado polo Note7, pero o afectado sentiuse moi decepcionado ante o feito de que, aínda que inicialmente Samsung dixo que pagaría os gastos ocasionados, a súa aseguradora negouse a facer tal e, un mes despois de todo o incidente, Hartzon segue a negociar con Samsung, de xeito que aínda non sabe cando poderá volver ao seu fogar (aínda que actualmente si aceptaron pagarlle unha residencia provisoria).
Vese así que a crise de Samsung está a resultar moi negativa para a imaxe da compañía que non só comercializou un produto perigoso, senón que está a tratar de xeito pouco responsable as consecuencias dos accidentes provocados pola súa culpa.
Denuncian que Samsung está a resistirse a pagar os danos provocados polo incendio dos seus móbiles
Compartir Este Artigo
