Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O regulamento europeo de protección de datos centra unha xornada organizada polo CPEIG e a AMTEGA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

O regulamento europeo de protección de datos centra unha xornada organizada polo CPEIG e a AMTEGA

Redacción
Publicado: 25/10/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

proteccion_datos_egap_04.jpgEsta mañá celebrouse en Santiago de Compostela unha xornada sobre o regulamento europeo de protección de datos organizada polo CPEIG e a AMTEGA, participando na inauguración a directora en funcións da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos; a directora en funcións da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira; Fernando Suárez, presidente do CPEIG e Miguel Ángel Davara, catedrático de Dereito Informático e de Informática para Xuristas da Facultade de Dereito da Universidade Pontificia Comillas.
proteccion_datos_egap_03.jpgDurante a súa intervención, Sonia Rodríguez-Campos incidiu no importante reto ao que se enfronta a Administración pública canto á xestión dos datos persoais da cidadanía, ao ter o deber de seguir traballando para facilitar a libre circulación desta información pero sen esquecer que é imprescindible garantir un elevado nivel de protección. Neste eido, destacou, é fundamental incidir na formación dos empregados públicos como responsables últimos de aplicar a normativa dentro das institucións e, en consecuencia, ofrecer un mellor servizo á cidadanía.
A directora en funcións da EGAP lembrou que dende este organismo se vén ofrecendo desde hai xa varios anos formación específica e transversal relativa á protección de datos persoais baixo actividades como “Seguridade informática básica”, “Iniciación á Administración electrónica. Seguridade da información e protección de datos”, “Perfeccionamento de xefatura de sección”, “Perfeccionamento de xefatura de negociado” ou “Atención ás vítimas o delito e información ao cidadán”.
proteccion_datos_egap_02.jpgA directora en funcións da AMTEGA, sinalou que “a vertixinosa evolución tecnolóxica dos últimos anos facilítanos o manexo dunha gran cantidade de datos, que se traducirán en servizos e solucións cada máis personalizadas para os cidadáns e nunhas administracións que se poderán anticipar ás necesidades dos seus administrados”. Mar Pereira insistiu en que “é fundamental que todo isto se faga garantindo a protección dos datos persoais, e de aí a importancia deste novo regulamento europeo”.
A responsable en funcións do departamento tecnolóxico da Xunta lembrou a importancia de adaptarse canto antes a este novo regulamento que chega, precisamente cando acaba de entrar en vigor a Lei 39/2015 que supón o lombeirada definitiva a Administración dixital. Neste sentido subliñou a necesidade do traballo interdisciplinar entre xuristas e tecnólogos para que a evolución tecnolóxica vaia acompañada do marco normativo que precisa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?