Para facilitar a lectura de contidos sindicados na web, dende Google tiñan unha aplicación móbil chamada Currents, que hai tres anos integrouse en Google Play Kiosco, e agora vén de renovarse de xeito importante mudando a súa aparencia de xeito notable, contando con tres grandes novidades: unha maior personalización, contidos multimedia enriquecidos e cunha versión web.
A nova versión de Google Play Kiosco conta así cun lector de novas e revistas totalmente personalizado para o usuario, contando cun sistema de aprendizaxe automática que busca a recomenda as novas máis oportunas e relevantes en funcións dos intereses do usuario. Cando entramos na aplicación atoparemos unha mestura de novas que non debemos perder, grandes titulares, novas locais e intereses persoais, ou sexa, un xornal personalizado, que resulta ideal para poder aproveitar un par de minutos que esteamos diante do smartphone para poder estar ao día sobre o que pode resultar de interese para nós.
A aplicación tamén benefíciase de melloras no soporte de contidos multimedia grazas á adopción da tecnoloxía AMP por numerosos medios, de xeito que ao navegar entre as novas podemos ver agora os vídeos en reprodución automática, contar con sinxelos controis de podcast e poder ver imaxes en alta resolución que aproveitan ao máximo o espazo en pantalla. O soporte de AMP tamén supón un aforro no largo de banda que produce a aplicación.
Finalmente, cando esteamos nun equipo que non teña instalada a aplicación de Google Play Kiosco, podemos recorrer á súa versión web, tanto en ordenadores como en dispositivos móbiles, para ter así unha maior dispoñibilidade desta ferramenta, que en calquera plataforma contaría coa totalidade de funcionalidades.
Google Play Kiosco renóvase e estrea versión web
Compartir Este Artigo
