Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Zulo e o Concello de Mugardos organizan este sábado a súa xornada sobre cultura libre
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

O Zulo e o Concello de Mugardos organizan este sábado a súa xornada sobre cultura libre

Redacción
Publicado: 18/11/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

concello_mugardos.jpgA Comunidade O Zulo con base en Mugardos e máis o Concello organizan esta fin de semana, o sábado 19, unha nova edición dos seus encontros de tecnoloxías abertas, dirixidos a facer fronte común arredor da importancia de eliminar barreiras para os recursos informáticos e amosar os moitos beneficios de apostarmos dende todas as frontes (a nivel persoal, empresarial e institucional) polo software non privativo. A Xornada de Software e Cultura Libre é un evento de balde cuxo obxectivo, en palabras de O Zulo, é “achegar a tecnoloxía a tódalas franxas de idades, dende os máis pequenos ata maiores”. Abordaranse múltiples cuestións prácticas relacionadas coa cultura sen cancelas, dende radio e fotografía a, por suposto, electrónica e tecnoloxías informáticas.
Nun plano máis concreto, o programa abrangue as seguintes actividades: Smartphonografía : Obradoiro de fotografía con teléfonos móbiles (imparte Xela Rodríguez, de 10.30 a 13.30 horas, na Biblioteca Pública de Mugardos), Iniciación á electrónica con Arduino (imparte Rafa Couto, en horario de 10.30 a 13.30 horas, na Oficina de Información Xuvenil), Podcast e ficcións sonoras (imparte Jorge Lama, de 16.30 a 19.30 horas, na Biblioteca), Obradoiro de electrónica básica para cativos (imparte VermisLab, de 16:30 a 18:30, de novo na Oficina de Información Xuvenil), Virtualización de contedores Docker en Raspberry Pi para contornas Drupal (imparten Christian López e Diego Carracedo, a partir das 12.30 no salón de plenos do consistorio) e Xornada de traballo comunidadeozulo.org, migración a Drupal 8 (imparten Javier Cartelle e Alberto Permuy, en horario de 11:00 a 13:00 – 17:00 a 19:00, no salón de plenos do consistorio). Tamén haberá unha mesa redonda ás 20.00 horas, no salón de plenos do Concello, a desenvolver baixo o seguinte epígrafe: A tecnoloxía no movemento asociativo en Mugardos.
Amais do devandito, outro dos obxectivos destas xornadas é “convidar a tódalas asociacións de Mugardos para poñer en común o uso e necesidades da tecnoloxía”. Ademais, tentarase procurar puntos de encontro para traballar “en vindeiros proxectos comúns”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?