O célebre Internet Archive, que aspira a converterse na grande biblioteca dixital do mundo, está a emprender unha nova campaña de captación de doazóns para facer posible a creación dunha filial en Canadá ante o temor de que a futura administración Trump nos EE.UU. poida pór en perigo o seu proxecto. Non queren seguir a mesma sorte que a Biblioteca de Alexandría, e por iso buscan replicar os seus contidos nunha localización distinta, baixo unha lexislación distinta, para así procurar que o Internet Archive poida manterse para sempre.
O proxecto do Internet Archive non só preserva numeroso material cultural como libros, películas, música e software, senón que tamén ofrece un magnífico servizo chamado Wayback Machine no que recóllense mostras históricas de páxinas web, material que xa resulta de grande utilidade na actualidade, pero que será aínda máis importante no futuro, xa que en moitos casos será o único xeito de poder explorar contidos na Rede que xa non se atopan operativos, converténdose nun imprescindible templo da memoria dixital.
Archive.org busca refuxio en Canadá por temor á administración Trump
Compartir Este Artigo
