A comisaria europea Margrethe Vestager vén de anunciar a presentación de alegacións contra a adquisición de WhatsApp por parte de Facebook, ao considerar que a compañía de Mark Zuckerberg achegou información incorrecta durante a investigación da Comisión Europea que en 2014 analizou se a compra de WhatsApp axustábase á lexislación comunitaria.
Vestager asegura que «as empresas están obrigadas a dar información precisa á Comisión durante as investigacións de absorcións. Deben tomar tal obriga en serio. (..) Facebook deunos información incorrecta durante a investigación da adquisición de WhatsApp. Agora Facebook ten a oportunidade de responder».
Durante a análise da compra a Comisión analizou a posibilidade de que Facebook cruzase contas de usuario con contas de WhatsApp, ao que a compañía respondeu que sería imposible establecer relacións automáticas entre as contas de usuario de ambas compañías, o que tomouse en consideración para determinar a legalidade da operación, pero ao mudarse os termos de uso de WhatsApp o pasado verán, anunciando a posibilidade de ligar os números de teléfono de usuarios de WhatsApp con identidades de usuarios de Facebook quedou claro que a información achegada inicialmente por Facebook á Comisión non se correspondía coa realidade, polo que Facebook terían infrinxido o regulamento comunitario para a adquisición de empresas.
Aínda que a decisión de 2014 na que se aprobou a compra permanecerá inmutable, se a resposta que dea Facebook á Comisión antes do 31 de xaneiro de 2017 non resulta convincente, poderase impor unha sanción que podería chegar ata o 1% da operación de compra.
A Comisión Europea considera que Facebook mentiu na investigación sobre a compra de WhatsApp
Compartir Este Artigo
