Na xornada na que Donald Trump tomou posesión do seu cargo como presidente dos EE.UU. puidemos ver como o presidente saínte non quixo perder o tempo para deixar claro que non vai quedar pasivo, e lanzou co seu equipo unha nova páxina web baixo o dominio Obama.org, que será o espazo na Rede da Obama Foundation e actualmente achega un repaso á historia da administración Obama e da súa familia, cunha interesante mención á relación de Barack H. Obama coa tecnoloxía (sendo o primeiro presidente dos EE.UU. en amosar certa afinidade coa mesma).
A Obama Foundation estará radicada en Chicago, dende onde lanzarán distintos
programas sen ánimo de lucro para a cidade, o país e o mundo. A iniciativa
preséntana en vídeo o propio matrimonio Obama, quen asegura que será «máis que
unha biblioteca ou un museo», senón unha plataforma dirixida á cidadanía:
