Para facer o acceso ás contas en liña máis seguras dende Facebook recomendan dende hai tempo empregar sistemas de verificación de dous factores, como o uso de mensaxes de texto ao móbil para ter unha medida de seguridade adicional para evitar que outras persoas accedan ás nosas contas, e agora incorporan un método máis baseado en chaves de seguridade universais de segundo factor (U2F) para iniciar sesión mediante USB ou NFC.
Deste xeito, se nos facemos cunha destas chaves USB de compañías como Yubico, temos o equivalente dixital a unha chave física, que quedaría rexistrada na nosa conta de usuario para conseguir logo unha maior seguridade (protexendo de ataques de phishing, xa que o usuario non precisaría de teclear o seu contrasinal), unha maior velocidade de identificación (chegaría con tocar a chave de seguridade tras introducir o noso contrasinal, sen ter que esperar a chegada dunha mensaxe de texto no móbil) e coa vantaxe de estarmos ante un sistema interoperable (servizos como Google ou Dropbox tamén soportan este tipo de identificación segura).
Para empregar este sistemas de identificación estamos limitados a certos navegadores (Chrome e Opera) e incluso será posible gozar desta tecnoloxía no móbil sen contamos cunha chave e un teléfono que inclúan ambos NFC, aínda que polo momento a identificación móbil só funcionar na versión web móbil de Facebook (a incorporación desta tecnoloxía na aplicación móbil chegará máis adiante).
Facebook permite mellorar a seguridade con chaves USB
Compartir Este Artigo
