O vindeiro día 8 os usuarios de Gmail que accedan ao servizo de correo electrónico de Google a través do navegador web Chrome nas súas versións 53 ou inferior verán un aviso na parte superior da web na que instaráselles a actualizar a aplicación á última versión (actualmente van na 55, que inclúe importantes melloras de seguridade) o que pode ser un problema para os usuarios que aínda estean a empregar Windows XP ou Windows Vista, xa que para estes sistemas operativos o Google Chrome quedou abandonado na versión 49, ou sexa, que como empregan sistemas operativos que xa non reciben actualizacións terán problemas para poder gozar de xeito seguro de numerosos servizos en liña.
Deste xeito, os usuarios que accedan a Gmail con Chrome 53 ou inferior recibirán unha alerta e, aínda que poderán seguir a empregar Gmail ata finais de ano, deixarán de ter acceso a novas prestacións e correccións de fallos de seguridade, ou sexa, que estarán a facer un uso moi inseguro do correo electrónico e, a partires do mes de decembro, perderán completamente o acceso á web normal de Gmail, de xeito que só poderán acceder á súa versión en HTML básico.
Normalmente Google non advirte deste tipo de cousas, xa que o seu consello é empregar sempre a última versión de Chrome, pero desta volta decidiron detallar o que estaba a acontece xa que entenden que vai ter un importante impacto entre usuarios de Windows XP e Windows Vista, aos que pretenden concienciar de deixar de empregar sistemas operativos obsoletos, que supoñen un serio risco para a seguridade.
Gmail prepárase para dicir adeus aos usuarios de Windows XP e Vista
Compartir Este Artigo
