Twitter non cesa de activar novas medidas para evitar o acoso na súa plataforma, e aínda que moitas destas accións remata retirándoas tras comprobar que son pouco efectivas, veñen de introducir un interesante cambio no sistema de notificación (polo momento en Android e na versión web) que pode ser de grande utilidade: permite enmudecer as notificacións de persoas que non mudaran a súa fotografía de perfil (os chamados ovos), que non confirmaran o seu enderezo de correo electrónico e/ou os que non confirmasen o seu número de teléfono.
Dá a impresión de que esta opción de configuración pode resultar moi práctica, xa que os abusóns habitualmente non actúan dende contas de usuario que os identifiquen claramente, por ser expulsados con frecuencia pola súa conduta, e o feito de que se non introducen un enderezo de correo electrónico verificado ou un número de teléfono poida afectar á difusión das súas mensaxes de odio pode ser un bo paso para a loita polo que moitos consideran que é o principal problema de Twitter na actualidade.
Twitter pon novos atrancos aos abusóns
Compartir Este Artigo
