A vindeira grande actualización de Windows 10, coñecida como Creators Update, non tiña unha data de lanzamento oficial, aínda que fabricantes como Dell adiantaran que vería a luz en abril, e agora hai voces que apuntan a que o lanzamento público da actualización comezará o 11 de abril, o que anunciarase a final de mes, unha vez completada esta interesante actualización que achegará numerosas novidades e fará máis doado de levar o proceso de actualizar o sistema operativo.
Cómpre matizar que as datas de lanzamento deste tipo de actualizacións non están escritas en pedra, e incluso tras o anuncio de Microsoft son susceptibles de modificación, xa que durante a preparación deste tipo de renovacións do software realízanse numerosas comprobacións, sendo posible que se adíe lixeiramente unha estrea no caso de detectar algún tipo de problema.
Tamén se comenta que Microsoft xa comezou a traballar na seguinte actualización de Windows 10, que chegaría no outono, e que podería ser aínda máis importante que a Creators Update (aínda que polo momento non se anunciou nada ao respecto).
Windows 10 podería recibir a Creators Update a partires do 11 de abril
Compartir Este Artigo
