Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Este xoves SuSE fai parada en Santiago para amosar as súas máis recentes tecnoloxías
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

Este xoves SuSE fai parada en Santiago para amosar as súas máis recentes tecnoloxías

Redacción
Publicado: 15/03/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

suse_expert_days-2.jpgOs SuSE Expert Days, o programa internacional e itinerante de xornadas arredor do sistema operativo SuSE, chega este xoves 16 a Santiago. Trátase dun percorrido argallado pola dita empresa internacional para axudar a PEME de todo o mundo (América, Europa -incluída Rusia- e África) a afrontar nas mellores condicións posibles os retos da transformación dixital e a Industria 4.0, coa axuda das ferramentas libres da contorna SuSE. Máis en detalle, as empresas participantes coñecerán as máis recentes propostas open source da compañía para servidores, computación na nube e tecnoloxía Docker (sistemas para virtualizar un contorno Linux con todas aplicacións que precisemos e con opcións de ser despregado ao momento en calquera outro Linux). O evento vén da man de AGASOL e do CPEIG, e celébrase no auditorio 1 do edificio CINC da Cidade da Cultura.
Amais do devandito, a cita será, en palabras de AGASOL, “unha boa oportunidade para ver as máis punteiras tecnoloxías actuais de SuSE, a firma máis veterana adicada a Linux e ao código aberto”. Tecnoloxías como por exemplo SuSE Linux Enterprise Sever, SuSE Manager, SuSE OpenStack Cloud e SuSE Enterprise Storage.
Lembrar que as persoas inscritas no evento deste xoves terán a oportunidade de entrar no sorteo dunha Raspberry Pi 3 B co sistema operativo Suse Linux Enterprise Server for ARM.
SuSE Expert Days
Son eventos dun día de duración con charlas técnicas e demostracións dos produtos da compañía, que fornecen aos profesionais ferramentas que lles poden ser útiles para desenvolverse no seu día a día nos seus centros de procesamento de datos.
Programa
· 9:00 – 09:30 Café de benvida
· 09:30 – 09:45 Presentación dos Suse Expert Days
· 09:45 – 10:00 Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia
· 10:00 – 10:30 O ecosistema de software libre en Galicia (AGASOL)
· 10:30 – 11:30 Transformación dixital. Suse: Estratexia e futuro
· 11:30 – 11:45 Café
· 11:45 – 12:20 Cara ao novo centro de datos: OpenStack, CloudFoundry, Ceph e Colectores
· 12:20 – 12:50 Transformación dixital: Sistemas de Misión Crítica: SAP, ZeroDowntime e HA con demostracións de LivePatching, full system rollback e MS SQLServer en HA
· 12:50 – 13:40 DevOps: Arquitectura, estratexia e modelo. Developer tools, SLES for Raspberry Pi e Containers as a Service Platform: MicroOS+Docker+Kubernetes
· 13:40 – 14:20 Suse OpenStack Cloud. Integración de OpenStack con Kubernetes e Docker, HA e non-disruptive update con demostración.
· 14:20 – 14:30 Preguntas
· 14:30 – 15:30 Xantar

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?