Dende hai uns meses a plataforma de vídeo en directo de Twitter, Periscope, estreou Periscope Producer, un novo xeito de realizar emisións en directo dende dispositivos distintos do smartphone ou a tableta, abríndose así a vídeos de produción profesional, aínda que esta posibilidade estaba limitada a uns poucos socios como Bloomberg, pero os xeitos de poder aproveitar o uso de fontes de vídeo externas en Periscope van medrar considerablemente xa que veñen de anunciar a Periscope Producer API, o que permitirá que aplicacións de terceiros poidan identificarse con contas de Periscope, configuren fluxos de vídeo e inicien retransmisións que poderán seguirse en Twitter.
Dende Twitter xa avanzan que están en probas distintas aplicacións que facilitan o uso da nova API, como a popular aplicación de retransmisións de vídeo Wirecast de Telestream (unha das máis populares para o vídeo en directo a través de YouTube), o software da cámara Mevo de Livestream, a plataforma web Switchboard Cloud e o software de Teradek, aos que se engaden outras compañías como Brandlive, Giroptic iO 360, Grabyo, LiveU Solo, Make.tv, NewTek, Telescope e Vidpresso, e xeito que cada vez será máis doado realizar retransmisións de vídeo profesionais a través de Twitter.
Periscope anuncia unha API para facilitar a súa integración con software de terceiros
Compartir Este Artigo
