A Policía de Devon e Cornwall será a primeira do Reino Unido en contar cunha unidade de drons operativa as 24 horas, co que pretenden axudar na procura de persoas desaparecidas, responder ante accidentes de tráfico e axudar en investigacións criminais.
Esta iniciativa (na que tamén participa a Policía de Dorset) leva en probas dende primeiros de ano, estando previsto que no verán poida converterse nun servizo plenamente operativo, que neste momento opero con drons DJI Inspire 1 con cámaras de alta definición que capturan imaxes e vídeo en alta definición. Aseguran que o uso de drons resulta de grande utilidade en terreos abruptos e zonas de difícil acceso, recadando así información de grande utilidade para poder logo acceder dun xeito rápido e seguro tras recadar información visual.
Para que a unidade de drons estea dispoñible nos condados que cobren os departamentos de Policía involucrados nesta iniciativa instaláronse 9 estacións para drons, confiando en que o uso de drons poida resultar de grande utilidade tamén para a racionalización de recursos.
Tres condados británicos contarán cun servizo de drons policiais as 24 horas
Compartir Este Artigo
