Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A versión 3.24 do escritorio libre GNOME, tamén en galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

A versión 3.24 do escritorio libre GNOME, tamén en galego

Redacción
Publicado: 28/03/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

gnome_3.24.jpgO escritorio libre GNOME (GNU Network Object Model Environment) vén de estrear nova versión, a 3.24, e como de costume e grazas ao importante traballo do Grupo de Tradución de GNOME coordinado por Fran Diéguez, temos versión dela en galego (ao cen por cen na interface). Segundo conta o Grupo, GNOME 3.24 é a última versión de GNOME 3, resultado de 6 meses de duro traballo da comunidade. O novo lanzamento inclúe unha manchea de novidades salientables, amais doutra serie importante de axustes e optimizacións. Estamos a falar da cifra nada desprezable de 28.459 cambios realizados por 753 contribuidores.
Entre as novidades a destacar, a versión 3.24 abrangue a incorporación de luz nocturna, unha funcionalidade que fai que a pantalla mude de cor dependendo da hora do día, cousa que será moi de agradecer (por exemplo) para as persoas que traballen con pouca luz, pola noite, xa que o escritorio será quen de afacerse a esta circunstancia volvéndose máis cálido, contribuíndo a evitar a fatiga ocular.
Ademais, refinouse a interface en si mesma, mellorouse a funcionalidade de tres áreas do aplicativo Preferencias (Contas en liña, Impresoras e Usuarios), optimizouse a configuración de impresoras (que amosa unha presentación e unha marxe de manobras máis traballadas, amosando por exemplo a localización e o nivel de tinta en cada unha das súas impresoras sen necesidade de investigar) e fortaleceuse o navegador web (por exemplo cunha nova barra de enderezos que resolve un importante número de fallos de usabilidade do anterior deseño e un novo panel emerxente que amosa a listaxe das lapelas abertas, facilitando a navegación entre un gran número de páxinas). Asemade, houbo optimizacións nas tabletas gráficas Wacom (avanzando ao máximo na optimización entre estas e o propio escritorio GNOME).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?