Nos últimos anos Google Earth achegounos un xeito moi completo e detallado de poder explorar o mundo dende o aire sen movernos da casa, valéndonos do noso ordenador ou de dispositivos móbiles, e hoxe están a anunciar a renovación desta ferramenta co gallo do Día da Terra (que celebrarase o vindeiro sábado).
O novo Google Earth leva en desenvolvemento un par de anos, e xa podemos velo directamente dende a web e en poucas horas chegará tamén como aplicación para Android (a versión para iOS chegará máis adiante) buscando non só observar o mundo, senón tamén aprender no camiño.
Chega así a funcionalidade coñecida como Voyager, que achega unha serie de guías interactivas desenvolvidas por historiadores, científicos e ONG.
Outra función que convídanos a coñecer interesantes currunchos do mundo é a de Vou ter sorte, que levaranos a lugares inesperados nun clic, para así poder descubrir máis de 20 mil lugares de todo o planeta, con cadansúa tarxeta de información para poder coñecer a súa historia e algún acontecemento que tivera lugar alí.
A prestación que non deixa de mellorar en Google Earth é a da vista 3D, que ofrece a posibilidade de poder ver as localizacións dende calquera ángulo, no que nas poboacións máis importantes supón unha recreación tridimensional moi rica, xa que edificios e monumentos aparecen recreados tridimensionalmente, permitindo ver os territorios dun xeito moi realista.
Google Earth renóvase na web e en Android
Compartir Este Artigo
