O ano pasado captou bastante atención a pequena cámara Mevo, xa que a súa proposta era moi atractiva para a retransmisión de vídeo en vivo a través da Rede, xa que empregaba un sensor de ultra alta definición (4K) sobre o que traballaba para recortar vídeo en alta definición (720p) permitindo así simular unha realización multi-cámara combinando distintos encadres a través dunha aplicación móbil, e sendo a primeira cámara compatible con Facebook Live. Pero produto tiña limitacións como funcionar só a través de Facebook Live e Livestream e precisar para o seu control un dispositivo móbil con iOS, eivas que están a superarse, facendo moito máis atractiva esta cámara.
Agora que está a actualizarse o software da Mevo vemos como xa está dispoñible en probas unha aplicación para Android da cámara (abríndoa a moitos máis usuarios), o vídeo retransmitido xa non está limitado a 720p (agora tamén será posible emitir a 1.080p) e incluso ábrese a novas plataformas de vídeo en directo como Periscope e YouTube Live, converténdose nunha das solucións máis completas do mercado.
A cámara Mevo ábrese a Android e YouTube Live
Compartir Este Artigo
