Os usuarios do correo electrónico de Google que teñan a aplicación de Gmail instalada no seu móbil con Android van poder respirar máis tranquilos, xa que esta semana iniciaron a introdución na aplicación dunha nova medida de seguridade que consiste en que, ao premer sobre unha ligazón que recibamos por e-mail, comprobarase a súa seguridade, e de existir sospeitas de que o destino poida ser unha páxina web maliciosa que suplante a outra, amosará unha alerta de phishing, mantendo así seguro ao usuario. A nova funcionalidade chegará progresivamente aos usuarios de Gmail par Android, de xeito que algúns poderán tardar ata 3 días para poder gozar da mesma.
Dende Google advirten que este sistema non é infalible, sendo posible incluso a aparición de falsos positivos, de xeito que cando se alerte dunha ligazón sospeitosa, estará na man do usuario decidir como se comporta na páxina web ao que o remite.
Gmail para Android incorpora medidas anti-phishing
Compartir Este Artigo
