Qualcomm conta xa cun par de novas plataformas móbiles que facilitarán que os smartphones que cheguen ao mercado nos vindeiros meses gocen de novas prestacións como banda larga máis rápida, mellores fotografías e incluso unha maior autonomía. Falamos dos SoC Snapdragon 660 e 630, que están enfocados principalmente a mellorar a cámara (integrando o ISP Qualcomm Spectra 160 que inclúe numerosas melloras no procesamento de imaxes, incluíndo o soporte de cámaras duais), o procesamento de audio e vídeo (grazas ao DSP Hexagon 680), a conectividade (co modem LTE X12 permite descargas de ata 600 Mbps e o soporte de Bluetooth 5), a CPU e a GPU (o Snapdragon 660 supera un 20% o rendemento do Snapdragon 653, mentres que o Snapdragon 630 consegue incrementar un 30% o desempeño do Snapdragon 625) e a velocidade de carga (grazas a Quick Charge 4, que consegue cargar a metade da batería en só 15 minutos). Tamén integran melloras de seguridade e facilidades para avanzar en Machine Learning.
Ambas plataformas están fabricadas cun proceso FinFET de 14 nanómetros, poden gravar e reprodución vídeo en 4K e son capaces de xestionar ata 8 GB de memoria RAM. Os sistemas Snapdragon 660 permite o uso de pantallas 2K, mentres que os Snapdragon 630 quedaría no Full HD.
Os sistemas Qualcomm Snapdragon 660 e 630 elevan as prestacións dos smartphones de gama media-alta
Compartir Este Artigo
