A última versión da aplicación de Netflix para Android agocha unha desagradable sorpresa para moitos usuarios: elimínase o soporte de dispositivos que estean rooteados. Dado que a aplicación permite a descarga de películas e series de televisión en local para a súa reprodución fóra de liña, enténdese que toman medidas contra os terminais desbloqueados para evitar que poidan empregarse para vulnerar a protección anti-copia dos ficheiros.
A última versión da aplicación de Netflix para Android fai uso de Widevine DRM, unha protección anti-copia subministrada por Google, que fai que a aplicación non figure como dispoñible en Google Play para dispositivos moitos non certificados por Google ou alterados.
Polo momento este veto aos trebellos con root só se aplica a nivel de tenda de aplicacións, ou sexa, que continúa a ser posible a instalación da aplicación descargándoa doutras fontes, aínda que poderiamos estar só ante un paso dentro da adopción desta medida para protexer os contidos contra as copias.
Google Play bloquea o acceso á aplicación de Netflix aos dispositivos rooteados
Compartir Este Artigo
