A relación da cantante Taylor Swift cos servizos de streaming é bastante turbulenta e, de feito, para que o seu álbum 1989 puidese vender 1.287.000 copias na súa primeira semana consideraron chave o retirar a súa música de Spotify. Swift tamén se enfrontou a Apple Music, principalmente por mor da política de Apple de non pagar aos artistas polos 3 meses de proba do servizo.
Pero finalmente parece que Swift recapacitou, e non só volve ofrecer o seu catálogo musical completo en Spotify, senón tamén no resto de servizos de música en streaming, anunciando que facía tal para celebrar que o seu álbum 1989 superara os 10 millóns de copias vendidas a nivel mundial. A RIAA tamén certificou que Swift vendeu 100 millóns de cancións.
Con esta medida derrubase unha importante barreira entre Taylor Swift e o seu público, que aínda que merque o seu álbum físico, en moitas ocasións escoita música a través de servizos de streaming musical pola súa accesibilidade e comodidade. Haberá que agardar ao lanzamento do vindeiro álbum de Swift para ver se estamos ante unha medida a longo prazo, ou se os vetos ao streaming chegarán con cada lanzamento para potenciar as vendas.
Taylor Swift volve a Spotify
Compartir Este Artigo
