Actualmente hai moito contido patrocinado en Instagram, destacando a súa falta de transparencia, ou sexa, que nin os usuarios teñen facilidades para distinguir o contido publicitario nin os anunciantes teñen doado coñecer o impacto das campañas contratadas a influencers, e para pór algo de orde neste caos dende Instagram anuncian que están a preparar unha nova funcionalidade que consistirá en etiquetar o contidos patrocinados, ligándoo ao anunciante, podendo empregarse tal etiqueta tanto en publicacións como en historias.
A etiqueta que destacará o contido patrocinado funcionará en poucas semanas, e non só facilitará aos usuarios a distinción da publicidade, senón que tamén permitirá que os patrocinadores poidan ter acceso ás estatísticas dos contidos pagados (os creadores verán as estatísticas na aplicación de Instagram, mentres que os seus socios comerciais accederán a tal información a través de Facebook Page Insights)
Esta nova funcionalidade supón unha grande vantaxe para toda a comunidade, xa que permite unha relación máis honesta entre os usuarios de Instagram e tamén permitirá coñecer dun xeito claro os acordos de colaboración entre celebridades e marcas. De feito, en poucos meses espérase que lancen un regulamento que obrigue aos creadores a seguir certas normas para garantir a transparencia dos patrocinios.
Instagram prepara unha etiqueta para o contido patrocinado
Compartir Este Artigo
