Nos últimos meses os vídeos en directo a través de Instagram convertéronse en auténticos fenómenos que tiñan como principal o feito de que estes contidos perdíanse no tempo, xa que só estaban dispoñibles en tempo real, pero falamos en pasado porque Instagram está a estrear a posibilidade de ofrecer as retransmisións en directo como historia, ou sexa, que unha vez rematado un directo será posible premer no botón de compartir para publicar a retransmisión como unha historia, de xeito que estará dispoñible durante 24 horas.
Cando alguén comparte un directo como historia indicarase na barra de historias cun botón de reproducir baixo a súa fotografía de perfil, e durante a reprodución do vídeo tamén poderemos ver os comentarios e gústames da retransmisión orixinal. No caso de que un usuario teña múltiples retransmisións en diferido teremos frechas na parte superior da pantalla para poder saltar entre vídeos dun xeito doado.
Esta novidade está dispoñible a partires da versión 10.26 de Instagram para iOS e Android, dispoñible nas súas respectivas tendas de aplicacións.
Instagram permite compartir os vídeos en directo como historias
Compartir Este Artigo
