As conferencias e actividades de Mundos Digitales 2017 en torno ao sector dos videoxogos, agrupados na sección MD Games, terán como prato forte a presentación do making of de Flipy´s Tesla, inventemos o futuro unha apaixonante aventura de realidade virtual inmersiva que supón a primeira incursión do Grupo Mediapro no mundo da realidade virtual da man de 100 Balas e Sony Interactive Entertainment España.
A colaboración destas empresas, dentro do programa de apoio ao desenvolvemento de videoxogos españois PlayStation Talents, xunto co traballo de Animatoon Studio (autores do xogo Dogchild), deu como froito un divertido xogo para PlayStation VR que pretende estimular a curiosidade dos xogadores e achegarlles ao coñecemento científico. Flipy (impulsor desta iniciativa, director de contidos de 100 Balas e divulgador científico) contou co asesoramento de Javier Santaolalla, doutor en Física de Partículas e investigador no CERN. O proxecto está tamén apoiado por CREATIONS, proxecto de innovación educativa da Comisión Europea. No relatorio Darío Ávalos e o propio Flipy contarán como xurdiu a idea deste xogo e o seu proceso de produción, e debaterase o futuro da realidade virtual e os videoxogos como ferramenta educativa.
Este videoxogo científico de realidade virtual non será o único proxecto de PlayStation Talents que se presente en Mundos Digitales. Outro dos relatorios mostrará o traballo que desenvolve desde fai máis dunha década Sony Interactive Entertainment España desde o PlayStation Talents Games Camp Valencia, un espazo aberto de creación de videoxogos no que os estudos seleccionados poden traballar durante 10 meses cos mellores medios postos á súa disposición e cunha campaña de marketing para asegurar o éxito do lanzamento.
Nesta sesión, e tras unha charla de como afrontar a creación dun videoxogo en España (primeiros pasos, financiamento, publishing…), presentaranse os tres proxectos seleccionados este ano: Timothy vs The Aliens, do estudio Wildsphere; Hive, de Catness; e Deiland do estudo Chibig
Tamén dentro da sección MD Games preséntase a conferencia Atopar e sobrevivir ao financiamento do noso soño, un anticipo do traballo que está a realizar DEV (Asociación Española de Empresas Produtoras e Desenvolvedoras de Videoxogos e Software de Entretemento) e que cristalizará nun manual de uso para guiar aos emprendedores do sector dos videoxogos no difícil camiño de atopar respaldo económico para os seus proxectos.
Ademais, na zona expositiva VR Dimension, presentarase en primicia The Lost Explorer un xogo de acción virtual reality en primeira persoa exclusivo para Playstation 4. Desenvolvido por Lightbox Academy, e baseado en contornas da película de animación Tadeo Jones, The Lost Explorer está ambientado nunha illa do Pacifico sur nunha realidade paralela da que o xogador terá que saír recollendo pistas e desfacéndose de inimigos.
Flipy amosará o seu xogo de realidade virtual en Mundos Digitales
Compartir Este Artigo
