Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A comunidade galega do software libre xúntase en Melide para participar en Abeancos.gal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

A comunidade galega do software libre xúntase en Melide para participar en Abeancos.gal

Redacción
Publicado: 04/07/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

abeancos.jpgEsta fin de semana vaise celebrar en Melide a primeira edición da Xornada Abeancos.gal, dirixida a mostrar a evolución e os instrumentos do proxecto libre do mesmo nome. Este, como lembraremos, é un catálogo dixital aberto e participativo de elementos patrimoniais presentes na área da Comarca Terra de Melide. “Todos eles”, explican as entidades responsables de Abeancos.gal, “documentados, clasificados e xeolocalizados con mapas libres”.
Volvendo á xornada deste sábado, sinalar que vai acubillar diferentes actividades técnicas e divulgativas sobre o miolo da construción deste proxecto colectivo: que recursos emprega, que metodoloxías se usan para colaborar, que potencial amosa para ser extrapolable a outras iniciativas análogas. O domingo a xuntanza compleméntase cunha visita guiada aos elementos que xa foron catalogados e que se atopan no concello de Toques.
Na xornada está previsto que participen integrantes de grupos galegos de software libre, como XeoInquedos, Galpon e Xeopesca. E, por suposto, tamén concorrerán os integrantes de MeLiSA, o colectivo local responsable do catálogo dixital xunto co Museo da Terra de Melide e grupo de voluntarios do proxecto Abeancos.gal. Grazas ao seu importante traballo, despregado dende hai algo máis dun ano, xa podemos consultar os datos de preto de 100 elementos.
Segundo nos contan dende Mancomun.gal, o proxecto Abeancos.gal nace no ano 2016 a partir dunha réplica do proxecto Aculturadaauga.org, creado pola Comunidade O Zulo de Mugardos.

Programa das xornadas

Lugar: Telecentro Clun (Coop. Melisanto). A Codeseira.
Sábado, 8 xullo
– Grupo de traballo OpenStreetMap
– Grupo de traballo para documentación
– Grupo de traballo Drupal
Domingo, 9 xullo – Excursión a Toques (San Antolín e A Moruxosa). Visita guiada por Cris e Xurxo (Museo Terra de Melide)

Esta xornada forma parte das actividades que MeLiSA realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2017 da Xunta de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?