Na presentación dos seus resultados do cuarto trimestre fiscal, Nike sorprendeu cunha serie de anuncios destinados a mellorar a súa canle electrónica de vendas, como a posta en marcha dun programa piloto con Amazon.com do que aínda non deron detalles e a ampliación territorial da aplicación móbil SNKRS, que facilita a compra de zapatillas da marca (incluíndo as de edición limitada) e que finalmente chegará a Europa. Esta aplicación na súa versión para iOS sorprendeu hai pouco incorporando o uso da realidade aumentada para que podamos ver como nos quedarían unhas zapatillas antes da súa compra.
Pero o anuncio máis interesante dos realizados aos accionistas é, sen dúbida, que chegaron a un acordo con Instagram para facilitar a compra de zapatillas Nike directamente dende a súa aplicación móbil, o que supón unha importante canle para achegarse aos consumidores.
O feito de que unha marca tan importante como Nike aposte por Instagram como canle de vendas pode indicar que esta plataforma social baseada principalmente en imaxes podería fornecer esta senda para unha mellor explotación comercial do seu servizo, que conseguiría facer moito máis eficiente a publicidade se pode converter visualizacións en compras.
A aplicación móbil SNKRS, dispoñible só en EE.UU., pasará a funcionar na Europa occidental en breve
