Facebook Spaces é unha plataforma de realidade virtual na que podemos interactuar cos nosos amigos, e para darlle unha maior visibilidade á actividade neste mundo virtual veñen de estrear a posibilidade de retransmitir en vídeo en vivo o que alí acontece, ou sexa, que os usuarios de Facebook poden así ver en directo o que acontece dentro de Facebook Spaces.
Pero dado que Facebook Live transmite vídeo e Facebook Spaces é unha plataforma de VR, é preciso que dentro do mundo virtual o usuario coloque unha cámara virtual que será a que capture a acción dende o punto de vista que se defina. Durante as retransmisións os amigos de Facebook tamén poden realizar comentarios e realizar preguntas ás persoas que están a realizar o directo. As reaccións dos espectadores tamén serán visibles no mundo virtual, onde os comentarios aparecerán como obxectos físicos cos que poder interactuar.
Facebook Spaces ábrese a Facebook Live
Compartir Este Artigo
