A busca dun modelo de negocio sólido leva a Twitter a probar distintos xeitos de consolidar os seus ingresos, e no ámbito publicitario están a innovar cun curioso programas de probas a través do que as empresas poden subscribirse por 99 dólares ao mes para que os seus chíos e as súas contas se vexan amplificados de xeito automático.
Este novo servizo sería diferente a Twitter Ads, xa que está orientado a un funcionamento automático no que as empresas só teñen que preocuparse en definir unha audiencia obxectivo en función dun interese ou dunha localización xeográfica (nos EE.UU.).
O sistema promoverá ata os 10 primeiros chíos diarios (sen contar rechouchíos, chíos mencionados e respostas) e a promoción de cada mensaxe dependerá do seu desempeño. Unha solución que moitas compañías considerarán interesante por simplificar a xestión da súa presenza en Twitter.
Twitter proba un modelo de subscrición publicitaria
Compartir Este Artigo
