Nos últimos meses emerxeron os fidget spinners como todo un fenómeno global bastante efémero, e a banda canadense Arcade Fire parece ter atopado un orixinal xeito de subir ao carro, e publicou unha edición moi limitada do seu novo álbum, Everything Now, nun fidget spinner que agocha unha memoria USB no seu interior.
O produto vendíase a 90 euros e curiosamente esgotouse rapidamente, deixando claro que a idea era orixinal, e ao ser unha peza o suficientemente exclusiva fai que os seareiros da banda non dubiden ao pagar unha cantidade económica elevada para facerse co seu quinto álbum de estudio a un prezo moi superior do que custarían os seus 13 temas por separado (de feito, en CD véndese o álbum a 12 euros, en casete a 9 euros e en disco de vinilo a 21 euros).
Temos aquí un excelente exemplo de como a ansia coleccionista pode recuperar a venda de música en soporte físico, aínda que sexa unha práctica en clara recesión dende a popularización dos cada vez máis cómodos e completos servizos de streaming musical.
Arcade Fire sorprende vendendo o seu último álbum nun fidget spinner USB
Compartir Este Artigo
