Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O vindeiro martes abrirase a inscrición para a vindeira edición de Xuventude Galicia Net
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

O vindeiro martes abrirase a inscrición para a vindeira edición de Xuventude Galicia Net

Redacción
Publicado: 17/08/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

xgn_r_encounter.jpgO encontro informático Xuventude Galicia Net prepara unha nova edición en Silleda, nas instalacións da Feira Internacional de Galicia, destacando esta XVII edición por adoptar o nome de XGN R Encounter para indicar claramente o patrocinio oficial do operador R, que colaborará tamén a nivel técnico e de contidos.
Dende a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia informan de que o encontro que terá lugar entre os días 8 e 10 de setembro abrirá a súa inscrición o vindeiro 22 de agosto ás 10:00 horas a través da súa páxina web oficial, tendo que aboar 30 euros os interesados en participar. Como novidade, durante o procedemento de inscrición poderanse elixir os postos a ocupar durante o encontro, o que facilitará que os participantes que acudan en grupo poidan situarse na mesma zona do recinto no que habilitarán 1.044 postos.
Outra novidade da vindeira edición de Xuventude Galicia Net é que o evento contará cunha aplicación móbil de seu.

Máis velocidade de conexión

A XGN R Encounter manterá en 2017 a súa formulación, se ben se reforzarán as súas prestacións ao multiplicar por cinco a velocidade de conexión grazas a R (contará con 10 Gbps simétricos de fibra óptica, ademais de 1 Gbps de respaldo). Tamén se potenciará o seu programa de torneos e actividades.
Estas melloras forman parte dun proxecto conxunto que pretende que a XGN R Encounter medre ata converterse en tres ou catro anos nunha das LAN partys máis importantes de España, ao tempo que significa fraternizar e contar a nivel técnico e de contidos coa bagaxe da party Euskal Encounter, organizada por Euskaltel en Bilbao e que acaba de celebrar a súa edición número 25. Ademais, supón a vinculación da party coa rede de Encounters da que tamén forman parte a Gipuzkoa Encounter, que suma 11 citas, e a Araba Encounter, que este ano celebrará a súa cuarta edición.
A XGN R Encounter contará cunha zona Intranet orientada aos inscritos, os cales poderán desfrutar dun posto con dereito a acampar no interior do pavillón e tamén a participar en numerosas actividades e torneos exclusivos. Unirase de novo a ela a Extranet, unha área que acollerá un completo programa con multitude de actividades ás que poderán acceder tanto os inscritos como os visitantes que acudan ao recinto. Ademais, volverá a incluír un espazo expositivo complementario con presenza de empresas relacionadas co material informático e o ocio electrónico, entre outros.
Aínda que o evento comezará oficialmente o día 8, abrirá as súas portas de forma non oficial o 7 de setembro ás 16.00h, co obxectivo de facilitar o acceso dos inscritos e permitir que aqueles que o desexen comecen a instalar os seus postos e útiles para durmir. Será unha xornada de probas técnicas e montaxe.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?