Dende Akamai, compañía especializada en redes de distribución de contido para facilitar a súa dispoñibilidade global, detectou unha rede de bots chamada WireX que dedicábase a lanzar ataques de denegación de servizo aproveitando móbiles con Android infectados con malware para lanzar os seus ataques, para extorsionar ás vítimas destes ataques, e sorprendentemente o código malicioso que permitía secuestrar os smartphones para empregalos para colapsar servidores en liña chegou a coarse en moitas aplicacións de Google Play, aínda que, advertidos da situación, finalmente borraron preto de 300 aplicacións da tenda dixital de aplicacións para Android.
As aplicacións que incluían o malware parecían do máis inocente, e ían dende administradores de ficheiros ata programas de descargas de melodías, e aínda que o número de aplicacións que conseguiron chegar a Google Play foi bastante elevado, o seu impacto foi bastante reducido (estiman que infectaron 70.000 dispositivos).
Borran centos de apps para Android que se empregaban para lanzar ataques de denegación de servizo
Compartir Este Artigo
