O popular servizo de vídeo en directo a través da Internet, Livestream, anunciou hoxe a súa adquisición por parte de Vimeo, e como consecuencia directa desta operación permite a estrea de Vimeo Live, novo servizo en directo que permitira que os actuais usuarios de Livestream poidan pasar paulatinamente ao novo servizo empregando as súas ferramentas de retransmisión profesionais, de xeito que convertería a Vimeo nunha das solucións de vídeo máis atractivas para certos usos profesionais.
Livestream retransmite actualmente máis de 10 millóns de eventos ao ano, e coa estrea de Vimeo Live confían con levar ese fenómeno á plataforma que ata o momento limitábase a ser unha alternativa a YouTube para creadores de contido que coidaban especialmente a calidade dos seus vídeos.
A combinación de Vimeo e Livestream facilitará o acceso a ferramentas de hardware e software innovadoras (como a cámara Mevo ou o sistema de produción en vivo Studio); permitirá que retransmisións en directo en Full HD con transcondificación na nube e streaming adaptable (para que reciban sempre a maior calidade posible dende o seu dispositivos e conexión); fará uso de ferramentas de sindicación que permitirán (no futuro) levar os contidos a plataformas sociais como Facebook, YouTube, Twitch e Twitter; e permitirá que os contidos en vivo poidan seguirse a través de numerosos dispositivos conectados.
Os prezos de Vimeo Live xa son coñecidos, de xeito que o seu plan PRO (limitado a 5 horas de transmisión/mes) custa 120 euros/mes ou 840 euros/ano, o plan Business Live (limitado a 5 horas/evento, pero sen límite de transmisións) custa 420 euros/mes ou 3.360 euros/ano, e tamén haberá un plan Custom Live para compañías de medios e necesidades de alto volume que partiría de 9.000 euros/ano e permitiría dende transmisións as 24 horas ata varios eventos simultáneos.
Vimeo ofrecerá vídeo en directo grazas á adquisición de Livestream
Compartir Este Artigo
