Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Trescentos profesionais e empresarios participaron na Noite Galega das Telecomunicacións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Trescentos profesionais e empresarios participaron na Noite Galega das Telecomunicacións

Redacción
Publicado: 29/09/2017
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

Foto de grupo da edición do ano pasado
Foto de grupo da edición do ano pasado
Finalmente celebrouse este venres, no recinto de PALEXCO (A Coruña) e contando coa presenza de 300 profesionais e empresarios do sector, a XXII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información. A gala, organizada un ano máis polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, COETG-AETG, comezou ás 20.00 horas e estivo presidida polo titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. A actriz Silvana Sestelo presentou o evento, que xirou arredor da necesidade de adestrarnos e xuntar forzas para tirar proveito das oportunidades da información a gran escala e facelo con total seguridade e confianza. Segundo fixo saber na súa intervención Julio Sánchez Agrelo, decano do Colexio e presidente da AETG, “só desde a unión podemos avanzar e afrontar con éxito os grandes retos que se nos presentan cada día como son, entre outros, a ciberseguridade e o Big Data. Ou facémolo nós ou alguén o fará por nós”.
A cita comezou ás oito da tarde cun networking, no que participaron uns 300 profesionais e empresarios do sector. Ás 21.30 horas principiou a gala (adicada como dixemos á ciberseguridade) presentada pola actriz e bailarina Silvana Sestelo. En palabras da organización, “foi un espectáculo disruptivo e orixinal, no que se conxugaron, con gran ritmo, a música, a iluminación, a danza, a proxección de vídeos, os discursos e a entrega de premios”.
37418344042_1c1db8b68f_o.jpgNo seu transcurso foron galardoados profesionais e empresas: Enxeñeiro do Ano, Paulino González; Socio de Honra, Mar Pereira, directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA); Enxeñeiro Gerardo García Campos á mellor iniciativa empresarial no sector TIC, Situm Technologies; Gradiant á mellor tese doutoral aplicada ao sector TIC, Alejandro Ramos Soto; ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais, outorgado en colaboración coa AMTEGA e a firma Balidea Consulting & Programming; ao mellor expediente académico do Máster en Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo, Víctor Manuel Segura Sieiro; e o premio Acuntia á empresa galega que aposta polo desenvolvemento de infraestruturas intelixentes de telecomunicacións, FINSA.
No nome dos premiados interveu Paulino González, quen subliñou que volvendo a vista atrás, “pódolles dicir que foi unha satisfacción exercer como teleco. Se volvese nacer, volvería elixir, sen dúbida, esta marabillosa profesión”. González fixo referencia ao seu paso por Telettra, Airtel e Vodafone e á súa contribución ou desenvolvemento da rede de telefonía móbil de Vodafone en Galicia, que, dixo, “posibilitou a dinamización do mercado e a sempre estimulante competencia”. E unha consecuencia clara: “Unha maior calidade dun servizo, que hoxe é de primeira necesidade”.
“A infraestrutura da nosa rede”, engadiu Paulino González, “desenvolveuse en igualdade de condicións que no resto de España, tanto en tempo como en calidade. O que, por desgraza”, dixo, “non podemos afirmar en relación con outras infraestruturas tamén esenciais”.
O enxeñeiro do año rematou o seu breve discurso cunha referencia familiar e adicando o premio a un “elenco de extraordinarios profesionais que me axudaron e acompañaron ao longo desta fantástica carreira profesional. Sen eles nada sería posible”. Por iso, engadiu, “nun acto de xustiza, quero compartir con todos eles o premio que tiveron a amabilidade de concederme”.
A Noite desenvolveuse logo do proceso electoral celebrado no primeiro semestre deste ano, co que se abre “unha nova etapa no Colexio e na Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia”. Segundo salientou Julio Sánchez Agrelo, “estamos aquí para recoller a magnífica herdanza dos equipos directivos que nos precederon e para, na medida do posible, superala e mellorala”.
Despois dunhas palabras de recoñecemento para o decano e presidente saínte, o seu substituto sinalou que “tomamos o relevo con tanta determinación como ilusión”. A maiores, fixou como o seu principal obxectivo “vertebrar os profesionais das TIC, comezando pola integración, no colexio e na asociación, de todos os enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia”.
Por outra banda, o novo decano e presidente do Colexio e da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia puxo especial énfase na “defensa da dignificación do noso traballo”. E engadiu: “Reivindicaremos a nosa función como profesionais das Tecnoloxías da Información e da Comunicación. A ninguén debe molestarlle que reclamemos o que lexitimamente nos corresponde”.
Xusto antes do remate da Noite, Sánchez Agrelo tivo unha lembranza emocionada para Fernando Pardo, falecido hai hoxe xustamente un ano, ao que definiu “coma un dos pais fundadores da TVG, un mestre e un magnífico divulgador da enxeñería de Telecomunicación; unha referencia a seguir, tanto no ámbito persoal como profesional”.
Segundo fixo saber a organización, este acto celebrado en PALEXCO (“e 22 anos despois da súa posta en marcha”), a Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, pasará a ser itinerante e, nos vindeiros anos, celebrarase nas cidades máis importantes da nosa comunidade. Esta edición coincidiu, como lembraremos, co 25 aniversario da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?