Instagram continúa a potenciar as retransmisións de vídeo en directo, e agora incorpora a posibilidade de que a persoa que realiza un directo ou que estea a velo, poida compartilo cos amigos mediante unha mensaxe directa, instando a amigos ou grupos de amigos a unirse á diversión.
A partires de agora, cando esteamos nunha retransmisión en vivo poderemos premer a icona de mensaxes directas para elixir logo os amigos aos que remitiremos unha mensaxe instándoos a seguir a emisión, mensaxe que, ao rematar o directo transformarse para advertir que a retransmisión rematou.
A opción de enviar vídeos en vivo a través de mensaxes en directo pode desactivarse na sección de configuración das historias, e no caso de contas privadas só os seguidores poderán ver as emisión.
Esta nova funcionalidade funciona do mesmo xeito para a persoa que inicia unha emisión en vivo como para o resto de persoas que están a vela, facilitando así que cando hai algún contido interesante outros amigos poidan unirse á experiencia e así participar en tempo real.
Os directos de Instagram poden agora compartirse en privado
Compartir Este Artigo
