O plan de substitución de baterías dos vellos iPhone a un prezo reducido (29 euros en vez de 89) non parece satisfacer a moitos, e mentres nos EE.UU. hai xa ducias de demandas colectivas en curso e en Francia poderían emprender unha investigación xudicial polas acusacións de obsolescencia programada, en España temo a FACUA asegurando que vai pedir á Fiscalía que investigue se Apple cometeu delitos ao ralentizar os iPhone.
A asociación FACUA-Consumidores en Acción considera que Apple podería ter incorrido en prácticas delitivas ao facer que os iPhone con baterías degradadas fosen máis lento de xeito deliberado e sen avisar previamente supostamente para acelerar a súa substitución. Isto constituiría un delito contra os consumidores e tamén outro de sabotaxe informática, que consideran que non compensaría unha simple redución do custo dun cambio de batería dos móbiles afectados.
FACUA tamén critica que ningunha das autoridades autonómicas e estatais de protección ao consumidor anunciaran actuacións ante as prácticas irregulares cometidas por Apple.
FACUA esixirá que se investiguen as prácticas de Apple fronte as baterías de iPhone degradadas
Compartir Este Artigo
