Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A 18 edición da XGN R Encounter celebrarase en Silleda entre o 12 e o 14 de outubro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

A 18 edición da XGN R Encounter celebrarase en Silleda entre o 12 e o 14 de outubro

Redacción
Publicado: 12/01/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

panoramica_xgn_r_encounter_2017.jpgSilleva volverá acoller a nova edición (a número 18) do encontro informático para a mocidade Xuventude Galicia Net, agora coñecido como XGN R Encounter. Así nolo vén de confirmar a organización do evento, Feira Internacional de Galicia ABANCA, engadindo que se celebrará entre o 12 e o 14 de outubro deste ano e que novamente contará co apoio da Consellería de Política Social e coa colaboración e patrocinio oficial da empresa R de telecomunicacións.
Ademais das datas e outros detalles, a organización tamén confirmou que xa está a traballar, xunto coas restantes entidades devanditas, na preparación desta nova xuntanza e na incorporación de melloras e novidades. Con este obxectivo e co fin de acadar a máxima repercusión a nivel galego e estatal, ligarase a cita galega coa rede de Encounters do Grupo Euskaltel, unha iniciativa que se vén levando a cabo en Euskadi desde hai 25 anos, e da que forman parte a Euskal Encounter, a Gipuzkoa Encounter e a Araba Encounter.
Volvendo á cita galega, contará coa súa zona Intranet, orientada aos inscritos, que terán á súa disposición un posto con dereito a acampar no interior do pavillón e a posibilidade de participar en torneos exclusivos. Este espazo complementarase co ámbito Extranet, área que acollerá “un completo programa de actividades”, en palabras da organización, que engade que nestas actividades poderán participar as persoas inscritas e tamén os visitantes en xeral. Por outra banda, volverase incluír un espazo expositivo complementario con presenza de empresas relacionadas co material informático, as novas tecnoloxías e o lecer electrónico.
A organización tamén explica que aínda que o evento comezará oficialmente o día 12 de outubro, abrirá as súas portas de forma non oficial o día 11 pola tarde co obxectivo de facilitar o acceso aos inscritos e permitir que comecen a instalarse. Será unha xornada de probas técnicas e montaxe.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?