
O proxecto, que recibiu o premio Innovación I+D+i, ten como obxectivo a creación dunha plataforma tecnolóxica que permita a captura, procesado e sincronización de datos forestais e de vexetación para o seu visualizado e análise en procesos de toma de decisión cara ao sustentable, o intelixente e o rendible. Do que se trata, de feito, é de xerar e acubillar información, nunha única plataforma, para facer cos bosques o mesmo seguimento racional e eficiente que se aplicaría nunha Smart City. Así, se nas Cidades Intelixentes téntase protexer a calidade de vida dos habitantes por enriba de calquera outra consideración, nos bosques xestionados con uForest tentaríase protexer o bosque e os seus ecosistemas. Para isto, a iniciativa tira proveito de drons e software específico, dando lugar a unha tecnoloxía innovadora que integra todo o que poidamos precisar para tomar as mellores decisións no relativo ao forestal. A metodoloxía de traballo que achega uForest implica a mobilización de vehículos áreos non tripulados (UAV ou drons), que son os encargados de capturar información xeorreferenciada sobre masas arbóreas, a súa visualización e a súa análise.
O socio director de Bahía Software, Gustavo Gómez, foi o encargado de recoller o galardón, na gala celebrada en PALEXCO.
Os Premios TIC Galicia recoñeceron tecnoloxías a prol do noso medio
Compartir Este Artigo

